DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Venres, 26 de maio do 2017

Con cinco alternativas formativas e 200 prazas

Arranca a inscrición nos cursos de verán

As actividades levaranse a cabo ao longo de xuño e xullo en diferentes localidades de Galicia e Castela León


ImageCoas clases xa rematadas e os exames apiques de facelo, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria abrirá este luns a inscrición nos cursos de verán, unha oferta formativa alternativa composta este ano por cinco propostas que se levarán a cabo entre os meses de xuño e xullo en diferentes localidades de Galicia e Castela León. Centrados en temáticas relacionadas co patrimonio, a acuicultura, o termalismo, a enfermaría e os aproveitamentos do monte, ofértanse un total de 200 prazas e nelas poden inscribirse tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada en participar. As persoas interesadas en matricularse poden facelo en liña a través da web de Extensión Universitaria.
Venres, 26 de maio do 2017

Na reunión anual da federación española da rede Erasmus Student Network (ESN)

150 representantes de asociacións de apoio ao alumnado estranxeiro reuniranse a vindeira semana no campus

Dende o venres 2 e ata o domingo 4, sendo esta a terceira ocasión en este evento ten lugar en Vigo


ImageA rede de asociacións de apoio ao alumnado de intercambio, a Erasmus Student Network, regresa ao campus de Vigo para celebrar a súa reunión anual. Os próximos 2, 3 e 4 de xuño preto de 150 estudantes voluntarios das universidades españolas e doutros países europeos daranse cita no campus para debater sobre acordos institucionais, avances en materia de mobilidade educativa e presentar un balance do traballo feito durante o curso nas seccións locais de ESN. A Erasmus Student Network naceu en 1989 para promover a asistencia e integración dos estudantes de intercambio e o fomento da mobilidade.
Venres, 26 de maio do 2017

Noutras seis, estes instrumentos de mellora do servizo están en de fase implantación

Oito unidades da Universidade de Vigo xa dispoñen de cadansúa carta de servizos


ImageAs cartas de servizos aparecen recollidas na lexislación de transparencia como un elemento útil e necesario para a rendición de contas na xestión das administracións. A día de hoxe, oito unidades da Universidade de Vigo contan con cadansúa carta de servizos, mentres noutras seis están en fase de implantación, co obxectivo de consolidarse como ferramentas eficaces de comunicación, tanto interna como externa, e difusión das súas actividades, permitíndolles ademais plasmar prazos e tarefas non previstas nas normativas a prol dun servizo máis eficiente. A Área de Calidade, Secretaría Xeral, Administración de Centros, Asesoría Xurídica e a Oficina de I+D, son as últimas unidades en acadar as súas cartas de servizos, nun proceso que comezou en 2016.
Xoves, 25 de maio do 2017

O Universidade de Vigo-Exp Xadrez: estratexia pola Paz, proclamouse este ano campión galego

A Universidade recoñece o éxito dos seus xadrecistas

O capitán, Pablo García, amosouse “moi satisfeito cos resultados” e ratificou a aposta do equipo pola canteira


ImageOs últimos éxitos ao equipo de xadrez chegáronlle a pasada fin de semana coa proclamación de Miguel Senlle como campión galego absoluto na modalidade de xadrez rápido e bronce en Blitz e a de Rubén Fernández, de tan só 12 anos, como campión nacional de Portugal Sub 12, título que suma ao de campión galego na mesma categoría. Son o broche de ouro a unha tempada “de transición” na que o equipo universitario, rebautizado este ano como Universidade de Vigo-Exp Xadrez: estratexia pola Paz, fixo unha auténtica aposta pola canteira que os levou a proclamarse campións da Liga Galega de Xadrez. Estes xoves recibiron os parabéns do reitor, Salustiano Mato.
Xoves, 25 de maio do 2017

Nun encontro dos responsables deste eido nas universidades españolas e portuguesas

60 expertas e expertos abordan en Vigo o reto de adaptar o protocolo á sociedade do século XXI

Reivindicaron o seu valor como “ferramenta de orde” nunha época de cambios, desafíos e inestabilidade


ImageNa península ibérica existen universidades con séculos de historia ás súas costas, institucións como a de Salamanca, que neste 2017 cumpre 800 anos, ou a de Coimbra, con máis de 700. O cerimonial, costumes e normas que rexen as relacións, actos e eventos no eido universitario teñen mudado moito no transcurso de todo ese tempo. Por iso, para as universidades, a adaptación do todo o seu protocolo a unha sociedade cambiante e dinámica, como é a do século XXI, é todo un reto. Para analizar este desafío, representantes das universidades españolas e portuguesas reúnense dende hoxe xoves e ata o sábado no campus de Vigo no XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das Universidades Españolas e o VIII Encontro Hispano-luso de Protocolo Universitario.
Mércores, 24 de maio do 2017

220 expertos e expertas participan na EE Industrial no XXV Seminario de Loxística

Industria 4.0 e xestión da información, principais retos aos que se enfrontan os profesionais da loxística

O encontro contou coa participación de representantes de Inditex, Media Mark, Coasa e Jealsa Rianxeira


ImageFacerse con toda a tecnoloxía que está vindo ligada á industria 4.0 e ser quen de xestionar do xeito máis eficaz posible as cantidades inxentes de información que cada día se manexan nunha empresa. Estes son os dous desafíos máis importantes aos que se enfrontan na actualidade os profesionais que se dedican ao mundo da loxística ou, cando menos, así se puxo sobre a mesa no XXV Seminario de Loxística, punto de encontro anual para todos aqueles profesionais relacionados con esta área. A cita foi, un ano máis, na Escola de Enxeñería Industrial e nela presentáronse as últimas tendencias desta área profesional.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 5883

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós