DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Luns, 25 de setembro do 2017

Traballos sobre termozimas, crenoterapia en pacientes con fibromialxia e o sistema de augas Sete Fontes

E as investigacións premiadas no II Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida son...

Tamén se concederon oito mencións honoríficas


ImageO pasado mércores e xoves celebrouse en Expourense o II Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, organizado no marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. Durante dous días, e de xeito paralelo á celebración da feira Termatalia, arredor de 200 investigadores e axentes do eido público e privado do sector intercambiaron investigacións, coñecementos e necesidades sobre o sector, presentándose arredor dun centenar de traballos. Entre eles, a organización distinguiu os mellores concedendo tres premios e oito mencións honoríficas, tendo investigadores da Universidade de Vigo unha presenza destacada.
Luns, 25 de setembro do 2017

Na segunda xornada de competición gañou ao Oviedo por 55-14

O equipo de rugby do campus consegue na casa a súa primeira vitoria desta tempada

As xogadoras de fútbol gaélico do Auriense participaron en Irlanda nun torneo internacional


ImageO Campus Universitario Ourense Coosur acadou esta fin de semana a súa primeira vitoria da tempada na División de Honra B do rugby estatal. Os xogadores que dirixe David Monreal gañaron por un contundente 55-14 ao Oviedo Rugby nas instalacións universitaria ourensás. Con este marcador, o equipo resárcese da derrota vivida ante o Durango na primeira xornada de competición. Ademais deste encontro, a fin de semana no campus estivo marcada no eido deportivo pola celebración do Rally Ourense-Ribeira Sacra, que tivo o seu centro de encontro nas instalacións universitarias, e pola participación das xogadoras de fútbol gaélico nun torneo internacional en Irlanda.
Luns, 25 de setembro do 2017

Este luns arrancou en Allariz un curso de extensión universitaria centrado neste tema

Cervexa artesanal e sidra ecolóxica buscan o seu oco no turismo enolóxico

Os participantes visitarán negocios locais que traballan nestes sectores


ImageEste luns arrancou no Concello de Allariz o curso de extensión universitaria Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra, coordinado desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense polos docentes José Antonio Fraiz e Noelia Araújo. Tendo en conta a presenza neste concello ourensán da empresa de cervexa artesanal Dama Alaricana, a cita comezou analizando e reivindicando o potencial da cervexa artesanal no eido do turismo experiencial e enolóxico, tomando como exemplo o sector do viño.
Venres, 22 de setembro do 2017

Durante dúas semanas traballou nel o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

A intervención arqueolóxica no Castelo de Malpaso remata localizando o seu torreón

Atopouse gran cantidade de restos óseos, cerámicos e de metal


ImageEste venres a intervención arqueolóxica que durante as dúas últimas semanas realizou o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat) no xacemento de San Salvador dos Penedos, no Concello de Allariz, pechouse facendo un balance moi positivo dos seus resultados. As sondaxes realizadas permitiron localizar o seu torreón e descubrir a torre da súa porta norte. O numeroso material atopado, entre o que destacan restos óseos de animais empregados na alimentación, permitirán aos investigadores avanzar no coñecemento e datación deste enclave altomedieval, que foi abandonado na segunda metade do século XIII.
Venres, 22 de setembro do 2017

A cita está organizada pola Facultade de Dereito do campus

A II Feira de Emprego Xurídico Galicia-Norte de Portugal celebrarase o 27 de outubro

O 25 de setembro arrancará o seu programa de actividades preparatorias


ImageO pasado curso, a Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha de xeito pioneiro Orienta Iuris, a primeira feira de emprego especializada no ámbito xurídico en Galicia e Norte de Portugal. Polo bos resultados acadados nesa primeira edición e co obxectivo de consolidarse como punto de encontro de estudantes, titulados e profesionais do mundo do dereito, o centro vén de anunciar a celebración da súa segunda edición o día 27 de outubro. Como anticipo a esa cita e preparación para ela, desenvolverase un programa de accións formativas para os inscritos que arrancará o vindeiro 25 de setembro.
Xoves, 21 de setembro do 2017

Trátase dun ciclo de conferencias que se desenvolven na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

A segunda edición do Foro Aero arranca achegándose á figura do aviador Joaquín Loriga

O escritor e investigador Daniel González foi o encargado de repasar a historia deste personaxe


ImageO curso pasado a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense puxo en marcha, no seu primeiro ano de funcionamento, unha iniciativa que baixo o título Foro Aero quería ofrecer ao seu alumnado un ciclo de conferencias que lle proporcionase diferentes perspectivas sobre temas de interese na súa área. Este xoves, co curso 2017/2018 xa iniciado, o centro comezou a segunda edición desta iniciativa cunha conferencia do escritor e investigador Daniel González sobre o aviador Joaquín Loriga Taboada, patrón desta Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 3746

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós